Saturday 04 de May de 2024

O Concello de Lousame abre a inscrición nas Escolas Deportivas Municipais 2015-2016


O prezo por curso será de 12 euros e as anotacións poden facerse na Oficina de Deportes do Concello ou no 981 820 494

A Concellería de Deportes do Concello de Lousame vén de abrir o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2015-2016, nas que oferta un total de oito modalidades deportivas. A oferta inclúe fútbol sala, voleibol, bádminton, tenis, tenis de mesa, baloncesto, psicomotricidade e predeporte.

O Concello de Lousame mantén o mesmo prezo que anos anteriores: 12 euros por cada curso escolar. As actividades terán lugar no CPI Cernadas de Castro en horario de 13:30 a 15:30 horas. Máis información e inscricións na Oficina de Deportes do Concello de Lousame (981 82 40 94 e 981 82 57 80).

Actividades deportivas

Así mesmo, o Concello de Lousame vén de facer pública a súa oferta de actividades deportivas para adultos para o curso 2105/2016, e que se celebrarán no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva). Ademais do ximnasio municipal, a oferta deste novo curso inclúe ximnasia de mantemento, zumba e ximnasia para a terceira idade.

Máis información e inscricións na Oficina Municipal de Deportes ou nos teléfonos 981 82 40 94 e 981 82 57 80.